viernes, 12 de enero de 2024

Asemblea Xeral Extraordinaria

Estimada persoa comuneira:

Pola presente convocámola á ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo que terá lugar o vindeiro SÁBADO 27 de XANEIRO de 2024 no Colexio Público de San Roque ás 15:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:00 horas en SEGUNDA CONVOCATORIA. 

A Asemblea terá a seguinte orde do día: 

1. Lectura e aprobación das actas das asembleas do 25 de marzo e do 29 de abril de 2023, se procede. 

2. Altas e baixas no censo de persoas comuneiras. 

3. Cambio de domicilio social da COMUNIDADE. 

4. Rescisión do Convenio coa Consellería do Medio Rural.

5. Permutas.

Solicitamos a vosa asistencia, xa que O MONTE COMUNAL é un dereito e un ben a preservar que nos pertence.

Saúdos, 

A Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Darbo

jueves, 13 de abril de 2023

Eleccións á Xunta Reitora

Pola presente, informamos de que o vindeiro SÁBADO 29 DE ABRIL DE 2023 celebraranse no Colexio Público de San Roque as ELECCIÓNS á XUNTA REITORA da Comunidade de Montes de Darbo. O horario de votación será de 17:00 h. a 19:00 h. (decidido na Asemblea Xeral do 25 de marzo de 2023).